PALEXCO

PALEXCO érguese sobre o Peirao de Transatlánticos do porto coruñés, xunto ás mariñas deportivas. Está estratexicamente situado no centro da cidade, a escasos minutos a pé do núcleo comercial, hostaleiro, cultural e de lecer da Coruña.

PALEXCO é un espazo moderno, accesible e polivalente. As súas salas e os seus salóns, versátiles, diáfanos e luminosos, transfórmanse para converterse no espazo idóneo para a celebración de calquera tipo de evento ou acontecemento.